miércoles, 8 de abril de 2015
Día nº 10
Luns, 6 de abril do 2015.
Boas! Despois deste pequeno parón, debido ás vacacións de Semana Santa, xa estamos de volta coas pilas cargadas para o último do curso, xa queda pouco!
Publicamos o noso diario cuns días de retraso, debido a que o luns quedounos o tempo un tanto limitado. Pois ben, na sesión do luns, seguimos coa tarefa de crear actividades con recursos da web. Empregamos aplicacións como "Edilim", a cal xa mencionamos o último día; tamén utilizamos o "Software de Notebook", un recurso para que as actividades se desenvolvan na pizarra dixital do aula; e por último "Jclick", outra ferramenta moi interesante para facer que os nenos e nenas aprendan dunha maneira moito máis divertida.
Respeto ao grao de dificultade, esta sesión resultou fácil, xa que estivemos traballando no ordenador do profesor, xa que hai poucos ordenadores que teñan os programas dispoñibles. Ademais, estes recursos son fáciles de entender e polo tanto moi cómodos para traballar sobre eles.
Iso é todo, ata a próxima!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario