martes, 24 de febrero de 2015

Adiós ríos, adiós fontes

 Dado que o nosa área a tratar como docentes é a Lingua Galega e Literatura, con motivo do 175º aniversario do nacemento da poeta galega Rosalía de Castro deixamos un fragmento de un dos seus poemas más salientables:


Adios, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.


Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
(...)










lunes, 23 de febrero de 2015

ENTROIDO

Tras uns días de festa e celebración, voltamos ao traballo. E aproveitamos para falar un pouco do entroido coas súas costumes en Galicia.

O entroido en Galicia é unha das tradicións con moitos siglos por diante; de raíces moi lonxanas, arraigado á cultura celta.
Dende o punto de vista físico o entroido significa o fin do inverno e o inicio da primavera, por iso, a xente celébrao con moitas cores e alegría, pois os días grises de choiva e frío por fin rematan.
Aínda que agora nos pareza case imposible, o entroido foi unha festa prohibido durante os anos no que se mantivo en pé a ditadura do xeneral Francisco Franco, pero Galicia foi unha das poucas rexións de España que seguiron coa súa celebración a pesar da prohibición.
Unha das normas é ir disfrazado, sexa do que sexa, como se soamente levas unha perruca, pero algo que che transmita que estamos no entroido. Senón, correras o risco de que te tires fariña, aceite ou ovos por enriba, saca o teu espíritu do entroido.
Un dos traxes máis tradicionais do entroido é o de peliqueiros. Trátase dunha máscara que vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi). Detrás leva unha pelica de can, que de aí procede o nome de peliqueiro.
A parte do corpo, consta dunha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta de que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores. Polos obros vai un pano despurundado á chaqueta. Unha gran faixa dun color alegre envolta á cintura suxeita o pantalón, quizáis a parte máis traballosa do traxe. Enriba da faixa vai o cinturón do que colgan as chocas. As pernas do cigarrón van cubertas con medias brancas e ligas. Nos pés, uns zapatos mouros; e nas mans, un mallo.





Como non, os galegos son expertos nas grandes comidas e postres, polo que non poden faltar os platos típicos do entroido. Como por exemplo, as filloas, que son unha especie de crepe francés pero a diferenza de esta son moito máis finas e fánse só con fariña de trigo, non con trigo sarraceno. Tamén temos unha versión salada que se prepara moito na época de matanza, e que se fai con caldo ou incluso con sangue.
Aquí vos deixamos unha receita por se vos atravedes a facelas!: Receita de filloas.
Ou tamén as orellas, que hai moitas maneiras de facelas pero o nome ven de que a forma orixinaria era parecida ás orellas do porco. Son unha masa fina e crocante, recubertas por unha fina capa de azucre glás.
Volvemos a deixarvos unha receita das orellas: Receita de orellas.
Existen outros postres típicos do entroido que están recollidos no seguinte enlace (Diferentes postres do entroido.) no que tedes tamén as súas recetas para que vos poñades a facelas e comer uns dos postres máis ricos de Galicia.

O entroido de Galicia é moito máis complexo que o que podemos expoñer neste artigo, polo que vos invitamos a que veñades o ano que ven a celebrar o entroido connosco. 

Ata outra!


Día nº5


Luns, 23 de febreiro do 2015.

Na sesión de hoxe continuamos coa metodoloxía, superando as pequenas dúbidas que tiñamos sobre ela e deixándoa finalizada.

Seguimos tamén coas actividades, rematándoas tamén despois de fixar os recursos que empregaríamos en cada unha.

Engadimos novas redaccións no noso xornal dixital e modificando a súa estética, para que teña un acceso fácil e atractivo para o alumnado e pais.

Respecto ao grao de dificultade, estános resultando un pouco difícil crear un xornal adaptado para os nenos e á vez para os pais, xa que a diferenza de idade é clara. Polo demáis, non nos atopamos con máis obstáculos.

lunes, 9 de febrero de 2015

Día nº4


Luns, 9 de febreiro do 2015.

Hoxe comezamos a planificar o noso traballo determinando a metodoloxía que imos seguir para realizar o noso proxecto.  Para empezar concretamos o escenario e o tempo e especificamos os recursos a utilizar. Nos recursos, estructuramos tamén os roles dos recursos humanos que abarcan o conxunto de docentes, discentes e familias que terán un papel no noso traballo. Despois, rematamos explicando a perspectiva didáctica, é dicir, o modo no que vamos desenvolver o noso traballo.

Na sesión anterior, plantexamos as diferentes actividades que iamos facer cos nosos alumnos e hoxe xa as finalizamos por completo.

E por último, comezamos a facer o noso xornal, creando un novo blog que terá o enlace de acceso no blog principal.

Respecto ao grao de dificultade a metodoloxía foi a que máis traballo nos levou á hora de realizala polo feito de que era unha das partes máis complexas, polo que nos levou bastante tempo e non a puidemos acabar nesta sesión.

Faremos un pequeno parón polo feito de que a semana que ven será a celebración do entroido e non haberá clase. Pasádeo ben, comede moitas filloas e orellas e poñervos guapos e guapas cos vosos disfraces, vémonos pronto!


lunes, 2 de febrero de 2015

Día nº3


Luns, 2 de febreiro do 2015.

Hoxe dedicamos a clase a introducir e xustificar a nosa actividade mediante a lei de educación vixente, a LOMCE. Con isto  plantexamos o proxecto "Xornal escolar dixital" segundo as especificacións referentes a obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe e competencias correspondentes a área de Lingua e Literatura Galega do terceiro curso de Educación Primaria.

Tras facer un primer bosquexo da nosa actividade, proseguimos coa súa contextualización, elixindo unha escola cunhas características determinadas e nun lugar concreto.

Tamén, comezamos a plantexar as actividades para realizar cos nosos alumnos para traballar nas diferentes seccións do noso xornal, conseguindo así que traballen todas as competencias.

Respecto ao grao de dificultade, a realización da contextualización foi a que máis dificultade nos xerou polo feito de que non tiñamos moi claro como facela, pero coa colaboración de todos conseguimos facelo.