lunes, 9 de febrero de 2015

Día nº4


Luns, 9 de febreiro do 2015.

Hoxe comezamos a planificar o noso traballo determinando a metodoloxía que imos seguir para realizar o noso proxecto.  Para empezar concretamos o escenario e o tempo e especificamos os recursos a utilizar. Nos recursos, estructuramos tamén os roles dos recursos humanos que abarcan o conxunto de docentes, discentes e familias que terán un papel no noso traballo. Despois, rematamos explicando a perspectiva didáctica, é dicir, o modo no que vamos desenvolver o noso traballo.

Na sesión anterior, plantexamos as diferentes actividades que iamos facer cos nosos alumnos e hoxe xa as finalizamos por completo.

E por último, comezamos a facer o noso xornal, creando un novo blog que terá o enlace de acceso no blog principal.

Respecto ao grao de dificultade a metodoloxía foi a que máis traballo nos levou á hora de realizala polo feito de que era unha das partes máis complexas, polo que nos levou bastante tempo e non a puidemos acabar nesta sesión.

Faremos un pequeno parón polo feito de que a semana que ven será a celebración do entroido e non haberá clase. Pasádeo ben, comede moitas filloas e orellas e poñervos guapos e guapas cos vosos disfraces, vémonos pronto!


No hay comentarios:

Publicar un comentario