martes, 28 de abril de 2015

Valoración persoal como equipo de traballo e do noso blog

Para a nosa autoavaliación elaboramos unha imaxe que nos describise como grupo, e que reflectise a nosa forma de procedemento: traballar pero sempre con entusiasmo e boa disposición.


Como segunda parte de esta avaliación, fixemos unha pequena colaxe na que integrasemos os tres elementos esenciais do noso proxecto: os nenos, as novas tecnoloxías e a cultura galega.


Viñeta de valoración da materia

Como valoración cun toque cómico do que foi o a materia de Novas Tecnoloxías de 1º Grao de Educación Primaria, deseñamos esta viñeta.

Esperamos que vos guste!

miércoles, 22 de abril de 2015

Día da Terra


Boas amigos e amigas!

Hoxe é 22 de abril é celébrase o Día da Terra, o día do noso planeta. Esta celebración inicióuse en Estados Unidos no ano 1970, e aínda hoxe en día seguese celebrando.

A festividade foi creada para concienciarnos sobre a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos somentendo. A través de esta celebracion preténdese aumentar a consciencia con relación ó medio e os problemas ambientais.

Como motivo de que dentro do noso proxecto tratamos o tema do medio ambiente, quixemos compartir con vós esta pequena curiosidade, xa que nunca está demais saber cousas novas. Ademais, nunha terra como a nosa, Galicia, un lugar con tanta vexetación e un ambiente natural tan fermoso, debemos coidalo para poder conservalo. Aínda que isto debemos de levalo á practica en todos os lugares do mundo, pero para saber coidar o dos demais, deberemos saber coida o noso propio primeiro!

Pois iso é todo, esperamos que todos sexades conscientes de que temos que coidar o noso planeta, para que siga existindo vida moitos miles de anos máis!

Un saúdo!



lunes, 20 de abril de 2015

PUBLICIDADE

HORA DE LER




1.1.Descrición do anuncio:

Trátase dun cartel pertencente á campaña “Hora de ler”, creada pola Consellería de Educación no ano 2006. Este pódese atopar nas bibliotecas dos centros educativos galegos, coa fin de por en valor o libro e a lectura entre os máis xoves. Escollimos esta imaxe por considerar que o fomento da lectura está moi relacionado co noso tema, xa que tamén se promove a lectura do periódico.

1.2.Descrición da imaxe:

Trátase dunha imaxe rectangular de debuxos animados en posición horizontal. Nela aparece o eslogan da campaña, hora de ler, con letras que simulan ser os andeis dunha bliblioteca, repletos de libros. Na imaxe, podemos ver a algún rapaces e rapazas lendo entretidos. A información está distribuída de forma que ocupa toda a superficie disponible, utilizando un punto de vista de ángulo medio.
A imaxe pretende reproducir unha biblioteca e para isto, utiliza cores cálidas como o marrón, o vermello, o laranxa e o amárelo sobre un fondo de cores fríos en tonos grises. As cores cálidas, estimulantes, superpostas en cores frías que transmiten tranquilidade, constitúen unha forma axeitada de representar unha biblioteca, xa que esta é un lugar alentador e sosegado.

1.3.Descripción do texto:

O texto está escrito con letras maiúsculas centradas no cartel, nelas pódese observar o eslogan“hora de ler” en cores cálidas. Estas teñen o borde en marrón e o interior, composto por un conxunto de libros, en cores vermellas, laranxa e amárelas.

Actividades

Boas a todos! Nesta entrada deixámos unha pequena mostra das actividaes que temos planificadas para a realización do proxecto, incluíndoas no xornal dixital da escola. Non hai mellor forma de aprender xogando polo que non imos deixar de xogar.


- EDILIM:

ACTIVIDADE 1: EMPARELLA-DOS

Trátase dunha actividade interactiva realizada na plataforma Edilim. Esta consiste en asociar a imaxe do retrato dalgúns dos coñecidos autores do rexurdimento coas obras que lle corresponden. Nun primeiro momento amosanse todas as imaxes, que se voltean uns segundos despois, tendo 1 minuto para realizar as unións precisas. ¡Os alumnos e alumnas estarán exercitando a memoria dunha forma divertida!





ACTIVIDADE 2: COÑECEMOS GALICIA


Trátase dunha sopa de letras realizada na plataforma Edilim. ¡Os alumnos aprenderán a distinguir a maxia de Galicia!



- JCLIC:

ACTIVIDADE 3: ADIVIÑA O POSTRE

Esta é unha actividade deseñada con JClic, na que os alumnos repasarán os nomes dos postres típicos de Galicia. Nela amosaranse varias fotografías dos postres, e os nenos terán que escribir o seu nome.




No caso de que teñan algunha dúbida, proporcionámoslles unha pequena axuda en forma de enlace que os redirecciona a unha páxina con información de utilidade:




- PDI:

ACTIVIDADE 4: COÑECEMOS GALICIA II

O territorio español está dividido en comunidades autónomas e provincias. É por isto, polo que propoñemos unha actividade interactiva diseñada para o seu uso coa pizarra dixital, que permita coñecer a división xeográfica do contexto próximo dos alumnos, Galicia. Os alumnos deberán situar as provincias e as súas capitais nun mapa da comunidade.



ACTIVIDADE 5: CREAMOS O NOSO PARAÍSO

Trátase dunha actividade creada para PDI na que se permitirá que os nenos e nenas diseñen a súa propia paisaxe ideal.











Día nº11


Luns, 20 de abril do 2015.

Hoxe dedicamos esta sesión a subir ao noso blog as  actividades que creamos cos diferentes software educativos. Ademais comezamos cunha das últimas prácticas, que é a análise dun spot publicitario.
Optamos polo último anuncio do Gadis, que o subiremos na próxima sesión, xa que nos pareceu moi interesante e emotivo como galegos que somos, e debido a que está en relación coa nosa temática e a nosa área de Lingua Galega e Literatura.

Isto é todo por hoxe, vémonos pronto!






miércoles, 15 de abril de 2015

Recursos educativos

Como maneira de empregar as TIC na práctica educativa, consideramos de gran utilidade diferentes páxinas web e portais educativos dirixidos tanto a alumnos como profesores. É por elo polo que procedimos á busqueda de varios exemplos, os cales recopilamos no seguinte Documento en Dropbox.
Neste documento describimos brevemente cada un deles, previamente clasificados segundo sexan webs institucionais ou portais educativos, e tendo en conta a cantidade de recursos e aplicacións de cada unha delas. Indicamos tamén como acceder a elas e outras características de interese de cada unha.


miércoles, 8 de abril de 2015

"En abril, augas mil"


Dándolle á benvida ao mes de abril e aínda que correspondería ao área de Lingua Castelá e Literatura, queremos compartir con vós un poema de Antonio Machado dedicado a este mes xa que nos pareceu moi interesante, e de onde saíu o refrán "En abril, augas mil".

Que a modo de curiosidade, este refrán pode variar dependendo de como se presente o mes de abril. O común é que chova, debido a que é primavera, e como tal, é normal que chova. Cando no mes a choiva é abundante, díse como case todo o mundo o coñece "En abril, augas mil". Pero outro, que nós tampouco sabiamos, é "Abril, augas mil, e todas nun barril" cando a choiva é escasa. Curioso verdade?

Pois aí vai o poema:




  EN ABRIL, LAS AGUAS MIL
      Son de abril las aguas mil. 
Sopla el viento achubascado,
y entre nublado y nublado
hay trozos de cielo añil.


      Agua y sol. El iris brilla.
En una nube lejana,
zigzaguea
una centella amarilla. 

      La lluvia da en la ventana
y el cristal repiqueteo.
      A través de la neblina
que forma la lluvia fina,
se divisa un prado verde,
y un encinar se esfumina,
y una sierra gris se pierde. 

      Los hilos del aguacero
sesgan las nacientes frondas,
y agitan las turbias ondas
en el remanso del Duero. 

      Lloviendo está en los habares
y en las pardas sementeras;
hay sol en los encinares,
charcos por las carreteras. 

      Lluvia y sol. Ya se oscurece
el campo, ya se ilumina;
allí un cerro desparece,
allá surge una colina. 

      Ya son claros, ya sombríos
los dispersos caseríos,
los lejanos torreones. 

      Hacia la sierra plomiza
van rodando en pelotones
nubes de guata y ceniza.

Día nº 10


Luns, 6 de abril do 2015.

Boas! Despois deste pequeno parón, debido ás vacacións de Semana Santa, xa estamos de volta coas pilas cargadas para o último do curso, xa queda pouco!

Publicamos o noso diario cuns días de retraso, debido a que o luns quedounos o tempo un tanto limitado. Pois ben, na sesión do luns, seguimos coa tarefa de crear actividades con recursos da web. Empregamos aplicacións como "Edilim", a cal xa mencionamos o último día; tamén utilizamos o "Software de Notebook", un recurso para que as actividades se desenvolvan na pizarra dixital do aula; e por último "Jclick", outra ferramenta moi interesante para facer que os nenos e nenas aprendan dunha maneira moito máis divertida.

Respeto ao grao de dificultade, esta sesión resultou fácil, xa que estivemos traballando no ordenador do profesor, xa que hai poucos ordenadores que teñan os programas dispoñibles. Ademais, estes recursos son fáciles de entender e polo tanto moi cómodos para traballar sobre eles.

Iso é todo, ata a próxima!