lunes, 4 de mayo de 2015

Esquema-resumo do proxecto

Como conclusión final coa que pechar o noso proxecto educativo, deseñamos este ESQUEMA DO PROXECTO NA PLATAFORMA PREZI, esperamos que vos guste! Saúdos!

Día nº 12.


Luns, 4 de maio do 2015.

Hoxe adicamos a sesión a finalizar a análise do spot publicitario e da película relacionados coa temática do noso xornal dixital. Ademáis valoramos os blogs dos nosos compañeiros.

Finalmente elaboramos o poster - resumo do traballo feito durante todo o curso da materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria.



Día da nai.


Debido a que onte foi o primer domingo de maio, celebrouse o día da nai.
Por iso, a entrada de hoxe vai dedicado a todas esas nais que pasan os días coidando de nós. Por levantarse de noite cando temos pesadelos, coidarnos cando estamos enfermos, deixarnos o último trozo de tarta para nós... Grazas a todas esas nais que o dan todo polos seus fillos e fillas.
Aínda que os fillos e fillas as veces non sexamos moi agradecidos coas nais, saben que as queremos como a nada e que fariamos o que fose por elas.

Queremosvos mamás!





Valoracións dos nosos compañeiros.


A continuación, faremos unha breve valoración dos blogs dos nosos compañeiros:


  • -¡Paso a paso por nuestra nube vamos! (B1-G1): Ben organizado pero falta un pouco de animación.
  • Mergullándonos coas trabalinguas (B1-G2): Ben traballado. 
  • El bosque encantado (B1-G3): Animado e moi ben traballado.
  • Lima Limón (B1-G4): Ben organizado e elaborado.
  • Tic-eando no planeta (B1-G5): Moi axustado ao seu tema e animado.
  • Movete nun click (B1-G6): Incompleto e pouco vistoso.
  • Tricreando no mundo (B2-G1): Claro pero escaso.
  • Mergullemonos nas TIC (B3-G1): Ben traballado e estructurado correctamente.
  • The Green Tic (B3-G2): Moi interesante e educativo.
  • O pequeno cineasta de primaria (B3-G3): Estupendo, moi colorido e vistoso.
  • Wireles School (B3-G4): Faltalle imaxes pero moi orixinal.
  • Tic Tac (B3-G5): Moita variedade pero un pouco escaso nas entradas.
  • Choiva de ideas (B4-G1): Moi orixinal e divertido.
  • Mellor xuntos (B4-G2): Moi completo e ben traballado.
  • Sportic and roll (B4-G3): Ten cousas moi innovadoras diferentes aos demais blogs, pero esteticamente podería mellorar.
  • Un ritmo diferentes con las TIC (B4-G4): Moi útil e educativo.
As valoracións son sempre constructivas, para poder mellorar. Ainda así, valoramos  o traballo de todos.

"O bosque animado"


Pensamos que esta película é unha forma moi atractiva para ensirnarlles aos máis pequenos a natureza de Galicia, e que sexan conscientes da fermosura de paisaxes que temos. Nesta película o fin é coidar o bosque e mantelo limpo para que dure moitos máis anos.
Pareceunos unha película moi adecuada para o noso tema porque está basada na natureza galega. Se lle da importancia aos nosos bosques e a amizade, xa que todos xuntos conseguen que o bosque siga o seu curso sen ter nigunha árbore cortada, como moitas veces se fai hoxe en día. Por isto, tamén queremos transmitir aos nenos que a axuda dos demais moitas veces é moi necesaria para poder solucionar os nosos problemas.


Ficha técnica:

Título orixinal: El bosque animado, sentirás su magia.
Ano: 2001
Duración: 82min.
País: España
Director: Ángel de la Cruz y Manolo Gómez.
Guión: Ángel de la Cruz.
Música: Arturo Krees.
Productora: Dygra Films S.L.
Xénero: Animación. Infantil. Fantástico/naturaleza.

Sinópsis: Todos os días o ocioso Sr. D'Abdono e o seu fiel criado Rosendo atravesan a Fraga Cecebre exclamando: "Así Deus me salve se non me parece que estivera animado o bosque enteiro". Un día uns homes plantan un novo inquilino, un engreido poste de teléfono. Aquí comezan os problemas e se hai un experto en problemas, ese é Furi, un pequeno e simpático topo enamorado de Linda, e que un día desaparece xunto con toda a colonia de topos da fraga. Os habitantes do bosque aliaránse para solucionar os problemas da fraga e levar de novo a armonía e a felicidade ao bosque.

Utilidade educativa: Facer conscientes aos nenos de que hai que coidar os paisaxes galegos e apreciar e empatizar cos bosques, para que aprendan a ter en conta que é necesario que siga habendo zonas verdes nas nosas vidas.

Valoración crítica: Esta película dirixida aos máis cativos foi gañadora de dous premios Goya no ano 2001.
Ten o mérito indudable de ser a primeira película española feita por ordenador e en 3-D e cuxo resultado queda como unha película animada bastante entretenida, limitada pero loable, que adapta libremente o orixinal de Wenceslao Fernández Flórez, dando o protragonista animal nada menos que aos antipáticos topos.
Se hai que destaca o aspecto visual logrado cun filme feito íntegramente con ordenador, con moito colorido e interesante nivel de detalles nos gráficos.
Busca en todo momento o entretenimento grazas ás aventuras dun grupo de árbores e animais que revalorizarán o traballo en equipo e nos farán reflexionar novamente sobre a neglixencia e os abusos do ser humano sobre a natureza.

Proposta de mellora: Cremos que podería mellorarse o papel dos personaxes, xa que son bastante planos ao logo da película e non transmiten todas as emocións que deberían. Ademais, moitas veces a música non vai moi acorde coas situacións que estan a suceder.

Guía de visionado: Antes de ver a película, repartiranse unhas fichas que tratarán os temas máis importantes da película, así sabrán en que fixarse e estar atentos neses aspectos. Unha vez vista a película, leeranse as preguntas e comentaranse en alto, creando así un debate de opinións e comentarios onde deberán participar todos os alumnos.

Aquí vos deixamos o trailler, por si queredes botarlle un vistazo:






martes, 28 de abril de 2015

Valoración persoal como equipo de traballo e do noso blog

Para a nosa autoavaliación elaboramos unha imaxe que nos describise como grupo, e que reflectise a nosa forma de procedemento: traballar pero sempre con entusiasmo e boa disposición.


Como segunda parte de esta avaliación, fixemos unha pequena colaxe na que integrasemos os tres elementos esenciais do noso proxecto: os nenos, as novas tecnoloxías e a cultura galega.


Viñeta de valoración da materia

Como valoración cun toque cómico do que foi o a materia de Novas Tecnoloxías de 1º Grao de Educación Primaria, deseñamos esta viñeta.

Esperamos que vos guste!