lunes, 26 de enero de 2015

Día nº 2

Luns, 26 de xaneiro do 2015.

Hoxe tivemos que elexir o noso proxecto coa súa temática e demais. Escollimos o proxecto de realizar unha proposta de xornal escolar dixital dende unha experiencia dun centro ou dende as experiencias que encontramos nas revistas Pixel Bit e Comunicar.

Neste proxecto empregamos a prensa como medio de expresión do noso centro educativo, centrándonos no curso de 3º de Primaria. A área a tratar será a Lingua e Literatura Galega.

Respecto ao grao de dificultade, non nos resultou moi complicado, o único que levounos tempo decidir e poñernos de acordo coa área. Polo demáis non tivemos ningún obstáculo para superar o noso traballo.

lunes, 19 de enero de 2015

Día nº1



Luns, 19 de xaneiro do 2015.

Nos primeiros minutos da clase a profesora presentou a materia con respecto ás clases B, cunha presentación xeral indicándonos o que iamos a realizar ao longo deste cuatrimestre.

Primeiro tivemos que distribuirnos e elexir os grupos de traballo cos que realizaremos as actividades da materia. Despois de crear o grupo, composto por Antía Duro Pichel, María Feixoo Sanmartín, Beatriz Fernández Fernández, Diego González Vieitez e Vera González Otero baixo o nome de "Tecliña a tecliña".

A continuación creamos o noso correo en común e unha carpeta en Google Drive onde quedará todo o noso traballo gardado. Unha vez que tivemos o correo creado, fixemos o noso blog.


Respecto ao grao de dificultade o único que nos resultou un pouco complicado foi a creación do grupo debido a que ao ser o primeiro día faltaba xente e non era fácil a coordinación. Polo demais, non supuxo moitos problemas xa que anteriormente a profesora explicou paso a paso o que tiñamos que facer e non foron tarefas moi complicadas .


PRESENTACIÓN


Benvidos!

Somos cinco alumnos que estudamos o Grao de Educación Primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra que pertence á Universidade de Vigo. Somos Antía Duro Pichel, María Feixoo Sanmartín, Beatriz Fernández Fernández Diego González Vieitez e Vera González Otero.

Eliximos identificar o noso grupo baixo o nome de "Tecliña a tecliña" porque primeiro, esta materia vai sobre as novas tecnoloxías e creemos que é un tema moi importante xa que temos que darnos conta de que a tecnoloxía esta cada vez máis presente na vida dos nosos nenos no seu día a día e nós como futuros docentes temos que saber integrar o mellor posible os múltiples recursos que nos aporta a tecnoloxía de hoxe en día. Polo tanto temos que saber transmitilo tanto aos pais como aos propios alumnos, xa que un bo uso de estas novas tecnoloxía pode supor un enriquecemento no aprendizaxe dos nenos.


Decantámonos por este nome porque vai en paralelo co lema de "pasiño a pasiño" que adoitamos empregar para o aprendizaxe dos nenos. Así os nenos paso a paso, tecla a tecla, podrán adentrarse no gran mundo que lles ofrecen as novas tecnoloxías e aínda teñen que descubrir, E como é un mundo tan complexo teñen que adentrarse pouco a pouco nese mundo para facer un bo uso deste.