lunes, 19 de enero de 2015

Día nº1



Luns, 19 de xaneiro do 2015.

Nos primeiros minutos da clase a profesora presentou a materia con respecto ás clases B, cunha presentación xeral indicándonos o que iamos a realizar ao longo deste cuatrimestre.

Primeiro tivemos que distribuirnos e elexir os grupos de traballo cos que realizaremos as actividades da materia. Despois de crear o grupo, composto por Antía Duro Pichel, María Feixoo Sanmartín, Beatriz Fernández Fernández, Diego González Vieitez e Vera González Otero baixo o nome de "Tecliña a tecliña".

A continuación creamos o noso correo en común e unha carpeta en Google Drive onde quedará todo o noso traballo gardado. Unha vez que tivemos o correo creado, fixemos o noso blog.


Respecto ao grao de dificultade o único que nos resultou un pouco complicado foi a creación do grupo debido a que ao ser o primeiro día faltaba xente e non era fácil a coordinación. Polo demais, non supuxo moitos problemas xa que anteriormente a profesora explicou paso a paso o que tiñamos que facer e non foron tarefas moi complicadas .


No hay comentarios:

Publicar un comentario