Benvidos!
Somos cinco alumnos que estudamos o Grao de Educación
Primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de
Pontevedra que pertence á Universidade de Vigo. Somos Antía Duro Pichel, María
Feixoo Sanmartín, Beatriz Fernández Fernández Diego González Vieitez e Vera González Otero.
Eliximos identificar o noso grupo baixo o nome de
"Tecliña a tecliña" porque primeiro, esta materia vai sobre as novas
tecnoloxías e creemos que é un tema moi importante xa que temos que darnos
conta de que a tecnoloxía esta cada vez máis presente na vida dos nosos nenos
no seu día a día e nós como futuros docentes temos que saber integrar o mellor
posible os múltiples recursos que nos aporta a tecnoloxía de hoxe en día. Polo
tanto temos que saber transmitilo tanto aos pais como aos propios alumnos, xa
que un bo uso de estas novas tecnoloxía pode supor un enriquecemento no
aprendizaxe dos nenos.
Decantámonos por este nome porque vai en paralelo co lema de
"pasiño a pasiño" que adoitamos empregar para o aprendizaxe dos
nenos. Así os nenos paso a paso, tecla a tecla, podrán adentrarse no gran mundo
que lles ofrecen as novas tecnoloxías e aínda teñen que descubrir, E como é un
mundo tan complexo teñen que adentrarse pouco a pouco nese mundo para facer un
bo uso deste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario