lunes, 2 de febrero de 2015
Día nº3
Luns, 2 de febreiro do 2015.
Hoxe dedicamos a clase a introducir e xustificar a nosa actividade mediante a lei de educación vixente, a LOMCE. Con isto plantexamos o proxecto "Xornal escolar dixital" segundo as especificacións referentes a obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe e competencias correspondentes a área de Lingua e Literatura Galega do terceiro curso de Educación Primaria.
Tras facer un primer bosquexo da nosa actividade, proseguimos coa súa contextualización, elixindo unha escola cunhas características determinadas e nun lugar concreto.
Tamén, comezamos a plantexar as actividades para realizar cos nosos alumnos para traballar nas diferentes seccións do noso xornal, conseguindo así que traballen todas as competencias.
Respecto ao grao de dificultade, a realización da contextualización foi a que máis dificultade nos xerou polo feito de que non tiñamos moi claro como facela, pero coa colaboración de todos conseguimos facelo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario