lunes, 4 de mayo de 2015

Valoracións dos nosos compañeiros.


A continuación, faremos unha breve valoración dos blogs dos nosos compañeiros:


  • -¡Paso a paso por nuestra nube vamos! (B1-G1): Ben organizado pero falta un pouco de animación.
  • Mergullándonos coas trabalinguas (B1-G2): Ben traballado. 
  • El bosque encantado (B1-G3): Animado e moi ben traballado.
  • Lima Limón (B1-G4): Ben organizado e elaborado.
  • Tic-eando no planeta (B1-G5): Moi axustado ao seu tema e animado.
  • Movete nun click (B1-G6): Incompleto e pouco vistoso.
  • Tricreando no mundo (B2-G1): Claro pero escaso.
  • Mergullemonos nas TIC (B3-G1): Ben traballado e estructurado correctamente.
  • The Green Tic (B3-G2): Moi interesante e educativo.
  • O pequeno cineasta de primaria (B3-G3): Estupendo, moi colorido e vistoso.
  • Wireles School (B3-G4): Faltalle imaxes pero moi orixinal.
  • Tic Tac (B3-G5): Moita variedade pero un pouco escaso nas entradas.
  • Choiva de ideas (B4-G1): Moi orixinal e divertido.
  • Mellor xuntos (B4-G2): Moi completo e ben traballado.
  • Sportic and roll (B4-G3): Ten cousas moi innovadoras diferentes aos demais blogs, pero esteticamente podería mellorar.
  • Un ritmo diferentes con las TIC (B4-G4): Moi útil e educativo.
As valoracións son sempre constructivas, para poder mellorar. Ainda así, valoramos  o traballo de todos.

"O bosque animado"


Pensamos que esta película é unha forma moi atractiva para ensirnarlles aos máis pequenos a natureza de Galicia, e que sexan conscientes da fermosura de paisaxes que temos. Nesta película o fin é coidar o bosque e mantelo limpo para que dure moitos máis anos.
Pareceunos unha película moi adecuada para o noso tema porque está basada na natureza galega. Se lle da importancia aos nosos bosques e a amizade, xa que todos xuntos conseguen que o bosque siga o seu curso sen ter nigunha árbore cortada, como moitas veces se fai hoxe en día. Por isto, tamén queremos transmitir aos nenos que a axuda dos demais moitas veces é moi necesaria para poder solucionar os nosos problemas.


Ficha técnica:

Título orixinal: El bosque animado, sentirás su magia.
Ano: 2001
Duración: 82min.
País: España
Director: Ángel de la Cruz y Manolo Gómez.
Guión: Ángel de la Cruz.
Música: Arturo Krees.
Productora: Dygra Films S.L.
Xénero: Animación. Infantil. Fantástico/naturaleza.

Sinópsis: Todos os días o ocioso Sr. D'Abdono e o seu fiel criado Rosendo atravesan a Fraga Cecebre exclamando: "Así Deus me salve se non me parece que estivera animado o bosque enteiro". Un día uns homes plantan un novo inquilino, un engreido poste de teléfono. Aquí comezan os problemas e se hai un experto en problemas, ese é Furi, un pequeno e simpático topo enamorado de Linda, e que un día desaparece xunto con toda a colonia de topos da fraga. Os habitantes do bosque aliaránse para solucionar os problemas da fraga e levar de novo a armonía e a felicidade ao bosque.

Utilidade educativa: Facer conscientes aos nenos de que hai que coidar os paisaxes galegos e apreciar e empatizar cos bosques, para que aprendan a ter en conta que é necesario que siga habendo zonas verdes nas nosas vidas.

Valoración crítica: Esta película dirixida aos máis cativos foi gañadora de dous premios Goya no ano 2001.
Ten o mérito indudable de ser a primeira película española feita por ordenador e en 3-D e cuxo resultado queda como unha película animada bastante entretenida, limitada pero loable, que adapta libremente o orixinal de Wenceslao Fernández Flórez, dando o protragonista animal nada menos que aos antipáticos topos.
Se hai que destaca o aspecto visual logrado cun filme feito íntegramente con ordenador, con moito colorido e interesante nivel de detalles nos gráficos.
Busca en todo momento o entretenimento grazas ás aventuras dun grupo de árbores e animais que revalorizarán o traballo en equipo e nos farán reflexionar novamente sobre a neglixencia e os abusos do ser humano sobre a natureza.

Proposta de mellora: Cremos que podería mellorarse o papel dos personaxes, xa que son bastante planos ao logo da película e non transmiten todas as emocións que deberían. Ademais, moitas veces a música non vai moi acorde coas situacións que estan a suceder.

Guía de visionado: Antes de ver a película, repartiranse unhas fichas que tratarán os temas máis importantes da película, así sabrán en que fixarse e estar atentos neses aspectos. Unha vez vista a película, leeranse as preguntas e comentaranse en alto, creando así un debate de opinións e comentarios onde deberán participar todos os alumnos.

Aquí vos deixamos o trailler, por si queredes botarlle un vistazo:






martes, 28 de abril de 2015

Valoración persoal como equipo de traballo e do noso blog

Para a nosa autoavaliación elaboramos unha imaxe que nos describise como grupo, e que reflectise a nosa forma de procedemento: traballar pero sempre con entusiasmo e boa disposición.


Como segunda parte de esta avaliación, fixemos unha pequena colaxe na que integrasemos os tres elementos esenciais do noso proxecto: os nenos, as novas tecnoloxías e a cultura galega.


Viñeta de valoración da materia

Como valoración cun toque cómico do que foi o a materia de Novas Tecnoloxías de 1º Grao de Educación Primaria, deseñamos esta viñeta.

Esperamos que vos guste!

miércoles, 22 de abril de 2015

Día da Terra


Boas amigos e amigas!

Hoxe é 22 de abril é celébrase o Día da Terra, o día do noso planeta. Esta celebración inicióuse en Estados Unidos no ano 1970, e aínda hoxe en día seguese celebrando.

A festividade foi creada para concienciarnos sobre a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos somentendo. A través de esta celebracion preténdese aumentar a consciencia con relación ó medio e os problemas ambientais.

Como motivo de que dentro do noso proxecto tratamos o tema do medio ambiente, quixemos compartir con vós esta pequena curiosidade, xa que nunca está demais saber cousas novas. Ademais, nunha terra como a nosa, Galicia, un lugar con tanta vexetación e un ambiente natural tan fermoso, debemos coidalo para poder conservalo. Aínda que isto debemos de levalo á practica en todos os lugares do mundo, pero para saber coidar o dos demais, deberemos saber coida o noso propio primeiro!

Pois iso é todo, esperamos que todos sexades conscientes de que temos que coidar o noso planeta, para que siga existindo vida moitos miles de anos máis!

Un saúdo!



lunes, 20 de abril de 2015

PUBLICIDADE

HORA DE LER




1.1.Descrición do anuncio:

Trátase dun cartel pertencente á campaña “Hora de ler”, creada pola Consellería de Educación no ano 2006. Este pódese atopar nas bibliotecas dos centros educativos galegos, coa fin de por en valor o libro e a lectura entre os máis xoves. Escollimos esta imaxe por considerar que o fomento da lectura está moi relacionado co noso tema, xa que tamén se promove a lectura do periódico.

1.2.Descrición da imaxe:

Trátase dunha imaxe rectangular de debuxos animados en posición horizontal. Nela aparece o eslogan da campaña, hora de ler, con letras que simulan ser os andeis dunha bliblioteca, repletos de libros. Na imaxe, podemos ver a algún rapaces e rapazas lendo entretidos. A información está distribuída de forma que ocupa toda a superficie disponible, utilizando un punto de vista de ángulo medio.
A imaxe pretende reproducir unha biblioteca e para isto, utiliza cores cálidas como o marrón, o vermello, o laranxa e o amárelo sobre un fondo de cores fríos en tonos grises. As cores cálidas, estimulantes, superpostas en cores frías que transmiten tranquilidade, constitúen unha forma axeitada de representar unha biblioteca, xa que esta é un lugar alentador e sosegado.

1.3.Descripción do texto:

O texto está escrito con letras maiúsculas centradas no cartel, nelas pódese observar o eslogan“hora de ler” en cores cálidas. Estas teñen o borde en marrón e o interior, composto por un conxunto de libros, en cores vermellas, laranxa e amárelas.

Actividades

Boas a todos! Nesta entrada deixámos unha pequena mostra das actividaes que temos planificadas para a realización do proxecto, incluíndoas no xornal dixital da escola. Non hai mellor forma de aprender xogando polo que non imos deixar de xogar.


- EDILIM:

ACTIVIDADE 1: EMPARELLA-DOS

Trátase dunha actividade interactiva realizada na plataforma Edilim. Esta consiste en asociar a imaxe do retrato dalgúns dos coñecidos autores do rexurdimento coas obras que lle corresponden. Nun primeiro momento amosanse todas as imaxes, que se voltean uns segundos despois, tendo 1 minuto para realizar as unións precisas. ¡Os alumnos e alumnas estarán exercitando a memoria dunha forma divertida!





ACTIVIDADE 2: COÑECEMOS GALICIA


Trátase dunha sopa de letras realizada na plataforma Edilim. ¡Os alumnos aprenderán a distinguir a maxia de Galicia!



- JCLIC:

ACTIVIDADE 3: ADIVIÑA O POSTRE

Esta é unha actividade deseñada con JClic, na que os alumnos repasarán os nomes dos postres típicos de Galicia. Nela amosaranse varias fotografías dos postres, e os nenos terán que escribir o seu nome.




No caso de que teñan algunha dúbida, proporcionámoslles unha pequena axuda en forma de enlace que os redirecciona a unha páxina con información de utilidade:




- PDI:

ACTIVIDADE 4: COÑECEMOS GALICIA II

O territorio español está dividido en comunidades autónomas e provincias. É por isto, polo que propoñemos unha actividade interactiva diseñada para o seu uso coa pizarra dixital, que permita coñecer a división xeográfica do contexto próximo dos alumnos, Galicia. Os alumnos deberán situar as provincias e as súas capitais nun mapa da comunidade.



ACTIVIDADE 5: CREAMOS O NOSO PARAÍSO

Trátase dunha actividade creada para PDI na que se permitirá que os nenos e nenas diseñen a súa propia paisaxe ideal.