lunes, 4 de mayo de 2015
Esquema-resumo do proxecto
Como conclusión final coa que pechar o noso proxecto educativo, deseñamos este ESQUEMA DO PROXECTO NA PLATAFORMA PREZI, esperamos que vos guste! Saúdos!
Día nº 12.
Luns, 4 de maio do 2015.
Hoxe adicamos a sesión a finalizar a análise do spot publicitario e da película relacionados coa temática do noso xornal dixital. Ademáis valoramos os blogs dos nosos compañeiros.
Finalmente elaboramos o poster - resumo do traballo feito durante todo o curso da materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria.
Finalmente elaboramos o poster - resumo do traballo feito durante todo o curso da materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria.
Día da nai.
Debido a que onte foi o primer domingo de maio, celebrouse o día da nai.
Por iso, a entrada de hoxe vai dedicado a todas esas nais que pasan os días coidando de nós. Por levantarse de noite cando temos pesadelos, coidarnos cando estamos enfermos, deixarnos o último trozo de tarta para nós... Grazas a todas esas nais que o dan todo polos seus fillos e fillas.
Aínda que os fillos e fillas as veces non sexamos moi agradecidos coas nais, saben que as queremos como a nada e que fariamos o que fose por elas.
Queremosvos mamás!
Valoracións dos nosos compañeiros.
A continuación, faremos unha breve valoración dos blogs dos nosos compañeiros:
- -¡Paso a paso por nuestra nube vamos! (B1-G1): Ben organizado pero falta un pouco de animación.
- Mergullándonos coas trabalinguas (B1-G2): Ben traballado.
- El bosque encantado (B1-G3): Animado e moi ben traballado.
- Lima Limón (B1-G4): Ben organizado e elaborado.
- Tic-eando no planeta (B1-G5): Moi axustado ao seu tema e animado.
- Movete nun click (B1-G6): Incompleto e pouco vistoso.
- Tricreando no mundo (B2-G1): Claro pero escaso.
- Mergullemonos nas TIC (B3-G1): Ben traballado e estructurado correctamente.
- The Green Tic (B3-G2): Moi interesante e educativo.
- O pequeno cineasta de primaria (B3-G3): Estupendo, moi colorido e vistoso.
- Wireles School (B3-G4): Faltalle imaxes pero moi orixinal.
- Tic Tac (B3-G5): Moita variedade pero un pouco escaso nas entradas.
- Choiva de ideas (B4-G1): Moi orixinal e divertido.
- Mellor xuntos (B4-G2): Moi completo e ben traballado.
- Sportic and roll (B4-G3): Ten cousas moi innovadoras diferentes aos demais blogs, pero esteticamente podería mellorar.
- Un ritmo diferentes con las TIC (B4-G4): Moi útil e educativo.
As valoracións son sempre constructivas, para poder mellorar. Ainda así, valoramos o traballo de todos.
"O bosque animado"
Pensamos que esta película é unha forma moi atractiva para ensirnarlles aos máis pequenos a natureza de Galicia, e que sexan conscientes da fermosura de paisaxes que temos. Nesta película o fin é coidar o bosque e mantelo limpo para que dure moitos máis anos.
Pareceunos unha película moi adecuada para o noso tema porque está basada na natureza galega. Se lle da importancia aos nosos bosques e a amizade, xa que todos xuntos conseguen que o bosque siga o seu curso sen ter nigunha árbore cortada, como moitas veces se fai hoxe en día. Por isto, tamén queremos transmitir aos nenos que a axuda dos demais moitas veces é moi necesaria para poder solucionar os nosos problemas.
Ficha técnica:
Título orixinal: El bosque animado, sentirás su magia.
Ano: 2001
Duración: 82min.
País: España
Director: Ángel de la Cruz y Manolo Gómez.
Guión: Ángel de la Cruz.
Música: Arturo Krees.
Productora: Dygra Films S.L.
Xénero: Animación. Infantil. Fantástico/naturaleza.
Sinópsis: Todos os días o ocioso Sr. D'Abdono e o seu fiel criado Rosendo atravesan a Fraga Cecebre exclamando: "Así Deus me salve se non me parece que estivera animado o bosque enteiro". Un día uns homes plantan un novo inquilino, un engreido poste de teléfono. Aquí comezan os problemas e se hai un experto en problemas, ese é Furi, un pequeno e simpático topo enamorado de Linda, e que un día desaparece xunto con toda a colonia de topos da fraga. Os habitantes do bosque aliaránse para solucionar os problemas da fraga e levar de novo a armonía e a felicidade ao bosque.
Utilidade educativa: Facer conscientes aos nenos de que hai que coidar os paisaxes galegos e apreciar e empatizar cos bosques, para que aprendan a ter en conta que é necesario que siga habendo zonas verdes nas nosas vidas.
Valoración crítica: Esta película dirixida aos máis cativos foi gañadora de dous premios Goya no ano 2001.
Ten o mérito indudable de ser a primeira película española feita por ordenador e en 3-D e cuxo resultado queda como unha película animada bastante entretenida, limitada pero loable, que adapta libremente o orixinal de Wenceslao Fernández Flórez, dando o protragonista animal nada menos que aos antipáticos topos.
Se hai que destaca o aspecto visual logrado cun filme feito íntegramente con ordenador, con moito colorido e interesante nivel de detalles nos gráficos.
Busca en todo momento o entretenimento grazas ás aventuras dun grupo de árbores e animais que revalorizarán o traballo en equipo e nos farán reflexionar novamente sobre a neglixencia e os abusos do ser humano sobre a natureza.
Proposta de mellora: Cremos que podería mellorarse o papel dos personaxes, xa que son bastante planos ao logo da película e non transmiten todas as emocións que deberían. Ademais, moitas veces a música non vai moi acorde coas situacións que estan a suceder.
Guía de visionado: Antes de ver a película, repartiranse unhas fichas que tratarán os temas máis importantes da película, así sabrán en que fixarse e estar atentos neses aspectos. Unha vez vista a película, leeranse as preguntas e comentaranse en alto, creando así un debate de opinións e comentarios onde deberán participar todos os alumnos.
Aquí vos deixamos o trailler, por si queredes botarlle un vistazo:
martes, 28 de abril de 2015
Valoración persoal como equipo de traballo e do noso blog
Para a nosa autoavaliación elaboramos unha imaxe que nos describise como grupo, e que reflectise a nosa forma de procedemento: traballar pero sempre con entusiasmo e boa disposición.
Como segunda parte de esta avaliación, fixemos unha pequena colaxe na que integrasemos os tres elementos esenciais do noso proxecto: os nenos, as novas tecnoloxías e a cultura galega.
Como segunda parte de esta avaliación, fixemos unha pequena colaxe na que integrasemos os tres elementos esenciais do noso proxecto: os nenos, as novas tecnoloxías e a cultura galega.
Viñeta de valoración da materia
Como valoración cun toque cómico do que foi o a materia de Novas Tecnoloxías de 1º Grao de Educación Primaria, deseñamos esta viñeta.
Esperamos que vos guste!
Esperamos que vos guste!
miércoles, 22 de abril de 2015
Día da Terra
Boas amigos e amigas!
Hoxe é 22 de abril é celébrase o Día da Terra, o día do noso planeta. Esta celebración inicióuse en Estados Unidos no ano 1970, e aínda hoxe en día seguese celebrando.
A festividade foi creada para concienciarnos sobre a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos somentendo. A través de esta celebracion preténdese aumentar a consciencia con relación ó medio e os problemas ambientais.
Como motivo de que dentro do noso proxecto tratamos o tema do medio ambiente, quixemos compartir con vós esta pequena curiosidade, xa que nunca está demais saber cousas novas. Ademais, nunha terra como a nosa, Galicia, un lugar con tanta vexetación e un ambiente natural tan fermoso, debemos coidalo para poder conservalo. Aínda que isto debemos de levalo á practica en todos os lugares do mundo, pero para saber coidar o dos demais, deberemos saber coida o noso propio primeiro!
Pois iso é todo, esperamos que todos sexades conscientes de que temos que coidar o noso planeta, para que siga existindo vida moitos miles de anos máis!
Un saúdo!
lunes, 20 de abril de 2015
PUBLICIDADE
HORA DE LER
1.1.Descrición do anuncio:
Trátase dun cartel pertencente á campaña “Hora de ler”, creada pola Consellería de Educación no ano 2006. Este pódese atopar nas bibliotecas dos centros educativos galegos, coa fin de por en valor o libro e a lectura entre os máis xoves. Escollimos esta imaxe por considerar que o fomento da lectura está moi relacionado co noso tema, xa que tamén se promove a lectura do periódico.
1.2.Descrición da imaxe:
Trátase dunha imaxe rectangular de debuxos animados en posición horizontal. Nela aparece o eslogan da campaña, hora de ler, con letras que simulan ser os andeis dunha bliblioteca, repletos de libros. Na imaxe, podemos ver a algún rapaces e rapazas lendo entretidos. A información está distribuída de forma que ocupa toda a superficie disponible, utilizando un punto de vista de ángulo medio.
A imaxe pretende reproducir unha biblioteca e para isto, utiliza cores cálidas como o marrón, o vermello, o laranxa e o amárelo sobre un fondo de cores fríos en tonos grises. As cores cálidas, estimulantes, superpostas en cores frías que transmiten tranquilidade, constitúen unha forma axeitada de representar unha biblioteca, xa que esta é un lugar alentador e sosegado.
1.3.Descripción do texto:
O texto está escrito con letras maiúsculas centradas no cartel, nelas pódese observar o eslogan“hora de ler” en cores cálidas. Estas teñen o borde en marrón e o interior, composto por un conxunto de libros, en cores vermellas, laranxa e amárelas.
Actividades
Boas a todos! Nesta entrada deixámos unha pequena mostra das actividaes que temos planificadas para a realización do proxecto, incluíndoas no xornal dixital da escola. Non hai mellor forma de aprender xogando polo que non imos deixar de xogar.
- EDILIM:
ACTIVIDADE 1: EMPARELLA-DOS
Trátase dunha actividade interactiva realizada na plataforma Edilim. Esta consiste en asociar a imaxe do retrato dalgúns dos coñecidos autores do rexurdimento coas obras que lle corresponden. Nun primeiro momento amosanse todas as imaxes, que se voltean uns segundos despois, tendo 1 minuto para realizar as unións precisas. ¡Os alumnos e alumnas estarán exercitando a memoria dunha forma divertida!
- EDILIM:
ACTIVIDADE 1: EMPARELLA-DOS
Trátase dunha actividade interactiva realizada na plataforma Edilim. Esta consiste en asociar a imaxe do retrato dalgúns dos coñecidos autores do rexurdimento coas obras que lle corresponden. Nun primeiro momento amosanse todas as imaxes, que se voltean uns segundos despois, tendo 1 minuto para realizar as unións precisas. ¡Os alumnos e alumnas estarán exercitando a memoria dunha forma divertida!
ACTIVIDADE 2: COÑECEMOS GALICIA
Trátase dunha sopa de letras realizada na plataforma Edilim. ¡Os alumnos aprenderán a distinguir a maxia de Galicia!
- JCLIC:
ACTIVIDADE 3: ADIVIÑA O POSTRE
Esta é unha actividade deseñada con JClic, na que os alumnos repasarán os nomes dos postres típicos de Galicia. Nela amosaranse varias fotografías dos postres, e os nenos terán que escribir o seu nome.
No caso de que teñan algunha dúbida, proporcionámoslles unha pequena axuda en forma de enlace que os redirecciona a unha páxina con información de utilidade:
- PDI:
ACTIVIDADE 4: COÑECEMOS GALICIA II
O territorio español está dividido en comunidades autónomas e provincias. É por isto, polo que propoñemos unha actividade interactiva diseñada para o seu uso coa pizarra dixital, que permita coñecer a división xeográfica do contexto próximo dos alumnos, Galicia. Os alumnos deberán situar as provincias e as súas capitais nun mapa da comunidade.
ACTIVIDADE 5: CREAMOS O NOSO PARAÍSO
Trátase dunha actividade creada para PDI na que se permitirá que os nenos e nenas diseñen a súa propia paisaxe ideal.
Día nº11
Luns, 20 de abril do 2015.
Hoxe dedicamos esta sesión a subir ao noso blog as actividades que creamos cos diferentes software educativos. Ademais comezamos cunha das últimas prácticas, que é a análise dun spot publicitario.
Optamos polo último anuncio do Gadis, que o subiremos na próxima sesión, xa que nos pareceu moi interesante e emotivo como galegos que somos, e debido a que está en relación coa nosa temática e a nosa área de Lingua Galega e Literatura.
Isto é todo por hoxe, vémonos pronto!
miércoles, 15 de abril de 2015
Recursos educativos
Como maneira de empregar as TIC na práctica educativa, consideramos de gran utilidade diferentes páxinas web e portais educativos dirixidos tanto a alumnos como profesores. É por elo polo que procedimos á busqueda de varios exemplos, os cales recopilamos no seguinte Documento en Dropbox.
Neste documento describimos brevemente cada un deles, previamente clasificados segundo sexan webs institucionais ou portais educativos, e tendo en conta a cantidade de recursos e aplicacións de cada unha delas. Indicamos tamén como acceder a elas e outras características de interese de cada unha.
Neste documento describimos brevemente cada un deles, previamente clasificados segundo sexan webs institucionais ou portais educativos, e tendo en conta a cantidade de recursos e aplicacións de cada unha delas. Indicamos tamén como acceder a elas e outras características de interese de cada unha.
miércoles, 8 de abril de 2015
"En abril, augas mil"
Dándolle á benvida ao mes de abril e aínda que correspondería ao área de Lingua Castelá e Literatura, queremos compartir con vós un poema de Antonio Machado dedicado a este mes xa que nos pareceu moi interesante, e de onde saíu o refrán "En abril, augas mil".
Que a modo de curiosidade, este refrán pode variar dependendo de como se presente o mes de abril. O común é que chova, debido a que é primavera, e como tal, é normal que chova. Cando no mes a choiva é abundante, díse como case todo o mundo o coñece "En abril, augas mil". Pero outro, que nós tampouco sabiamos, é "Abril, augas mil, e todas nun barril" cando a choiva é escasa. Curioso verdade?Pois aí vai o poema:
EN ABRIL, LAS AGUAS MIL
Son de abril las aguas mil.
Sopla el viento achubascado,
y entre nublado y nublado
hay trozos de cielo añil.
hay trozos de cielo añil.
Agua y sol. El iris brilla.
En una nube lejana,
zigzaguea
una centella amarilla.
La lluvia da en la ventana
y el cristal repiqueteo.
A través de la neblina
que forma la lluvia fina,
se divisa un prado verde,
y un encinar se esfumina,
y una sierra gris se pierde.

Los hilos del aguacero
sesgan las nacientes frondas,
y agitan las turbias ondas
en el remanso del Duero.
Lloviendo está en los habares
y en las pardas sementeras;
hay sol en los encinares,
charcos por las carreteras.
Lluvia y sol. Ya se oscurece
el campo, ya se ilumina;
allí un cerro desparece,
allá surge una colina.
Ya son claros, ya sombríos
los dispersos caseríos,
los lejanos torreones.
Hacia la sierra plomiza
van rodando en pelotones
nubes de guata y ceniza.
Día nº 10
Luns, 6 de abril do 2015.
Boas! Despois deste pequeno parón, debido ás vacacións de Semana Santa, xa estamos de volta coas pilas cargadas para o último do curso, xa queda pouco!
Publicamos o noso diario cuns días de retraso, debido a que o luns quedounos o tempo un tanto limitado. Pois ben, na sesión do luns, seguimos coa tarefa de crear actividades con recursos da web. Empregamos aplicacións como "Edilim", a cal xa mencionamos o último día; tamén utilizamos o "Software de Notebook", un recurso para que as actividades se desenvolvan na pizarra dixital do aula; e por último "Jclick", outra ferramenta moi interesante para facer que os nenos e nenas aprendan dunha maneira moito máis divertida.
Respeto ao grao de dificultade, esta sesión resultou fácil, xa que estivemos traballando no ordenador do profesor, xa que hai poucos ordenadores que teñan os programas dispoñibles. Ademais, estes recursos son fáciles de entender e polo tanto moi cómodos para traballar sobre eles.
Iso é todo, ata a próxima!
lunes, 23 de marzo de 2015
Día nº9
Luns, 23 de marzo do 2015.
Na sesión de hoxe dimos por rematada a práctica de búsqueda de webs institucionais e portais educativos. Como novidade, comezamos a deseñar as actividades para crear en "Edilim", de feito, algunhas xa as comezamos a facer dentro deste de software.
Respeto ao grao de dificultade, para non variar, foi o mal acceso a internet, debido a que o wifi vai moi lento e fai que nós tamén o vaiamos co noso traballo. Polo demais, estanos resultando moi interesante a creacións destes xogos para a aprendizaxe.
lunes, 16 de marzo de 2015
Día nº 8
Lunes, 16 de marzo del 2015.
A sesión de hoxe adicámola a subir o proxecto do xornal definitivo, que podedes atopar na entrada anterior. Tamén proseguimos coa práctica da procura de portais e webs educativos.
Proxecto final: o noso Xornal Dixital
Hoxe rematamos o noso primeiro proxecto educativo vinculado ás novas tecnoloxías: o xornal dixital. Para velo completo, abrir o enlace seguinte:
PROXECTO XORNAL DIXITAL
PROXECTO XORNAL DIXITAL
lunes, 9 de marzo de 2015
Día nº7
Luns, 9 de Marzo de 2015
Na sesión de hoxe continuamos ultimando os detalles do proxecto. Revisamos aquelas partes que tiñamos que mellorar, despois de que a profesora nolo correxise. Por outra parte, comezamos a práctica de Análise de Recursos Web.
Na sesión de hoxe continuamos ultimando os detalles do proxecto. Revisamos aquelas partes que tiñamos que mellorar, despois de que a profesora nolo correxise. Por outra parte, comezamos a práctica de Análise de Recursos Web.
lunes, 2 de marzo de 2015
Día nº6.
Luns, 2 de marzo do 2015.
Na sesión de hoxe comezamos a buscar os diferentes portais educativos tanto para o profesorado como para o alumnado, e as webs institucionais, tamén, para o profesorado e o alumnado. Con isto pretendemos enriquecer a nosa experiencia educativa e mellorar a nosa formación.
Respecto co grao de dificultade, cabe descatar que na aula na que traballamos, a aula de informática, a conexión a internet é moi débil polo que nos retrasa moito noso traballo xa que as páxinas non dan cargado, ou cambios que fixemos no blog hai que volvelos a escribir porque non se gardaron . Esperamos que este problema poida ser resolto.
Saúdos.
martes, 24 de febrero de 2015
Adiós ríos, adiós fontes
Dado que o nosa área a tratar como docentes é a Lingua Galega e Literatura, con motivo do 175º aniversario do nacemento da poeta galega Rosalía de Castro deixamos un fragmento de un dos seus poemas más salientables:
Adios, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
.jpg)
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
(...)
Adios, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
.jpg)
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
(...)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












.bmp)








